Anda! Pois em castelhano têm como norma não traduzir “plugin” e nos demais idiomas tampouco traduzem o termo. Teremos que deixá-lo assim, em inglês.
Trasno recomenda o uso de complemento ou engadido dependendo dos casos. Tamén se valorou extensión. A min paréceme ben o uso de complemento(s).
Repassando o tema: em catalão traduzem como “extensió”, em romeno como “modul”. No Tiboxe (http://corpus.trasno.net/) diz isto:
Glosario: XisTrasno
Definición: Traducir só cando non haxa posibilidade de confusión. ‘Extensión’ gráfase con ‘x’ e non con ‘s’ por ser cultismo
plugin noun sin.
extensión sin.
módulo de extensión noun sin.
extensión noun sin.
Então não é completamente necessário traduzir o termo. Mais opiniões? (mira que somos poucos).
Eu son bastante ignorante en informática como para captar as diferencias entre as diferentes acepcións de plugin, pero como somos poucos direi algo.
Por exemplo en Firefox en galego hai: plugin, complementos, extensións e engadidos.
Complementos son Add-ons, extensións son extensions, e engadidos son plugins.
Mirei en GlotPress wp.org en francés da Francia e teñen extension, por plugin. En portugués, nos dous, teñen «plugin (sem hifen)».
De momento non me defino. Aceptar palabras como «plugin», polo tema da lectura e a pronunciación xa é cousa da RAG e dos filólogos.
No lançamento da 3.2 ficou como estava: “plugin”.
O debate continua…
Ola,
eu tamén son partidario de non traducilo. Para os usuarios será máis doado facer buscar en internet se saben que “iso que están a buscar” se chama “plugin” en inglés, xa que a maioría dos plugins están en sitios en inglés.
Por outra parte, vexo que mesmo en versión orixinais de software como por exemplo Firefox os termos se confunden ou non son coherentes. Por exemplo, teño diante de min un Firefox 4.0 que na pantalla de busca de “complementos” ten a opción “Get Add-ons”, sen embargo xusto debaixo, a pestana onde se amosan os complementos instalados chámase “Extensions”.
Aínda que non son partidario de usar anglicismos hai palabras, como “software” e “hardware”, que, inevitablemente, se filtrarán en tódalas linguas.
Saúdos,