Forum Replies Created
-
Abrín un fío con recomendacións de acordos no Proxecto Trasno, pero aproveito para sinalar unha serie de suxestións que saíron nas listas de Trasno e que penso que deberiamos ter en conta en futuras traducións: http://listas.trasno.net/pipermail/proxecto/2012-July/003884.html
Se non vexo o fío con Zé avísame para confirmar esta decisión. E aproveito para felicitarte por todo o traballo posto en WP nos últimos meses. Parabéns!

Trasno recomenda o uso de complemento ou engadido dependendo dos casos. Tamén se valorou extensión. A min paréceme ben o uso de complemento(s).
Desde os temas de WP podes cambiar algúns dos textos pero entendo que debería manterse na tradución e que cada instalación individual opte polo que prefira.
Comentando o asunto cunha compañeira lingüista, valorou que é un recurso que está en desuso pero que non estaría mal recuperar para a escrita. A formalidade na lingua nos últimos anos levou a separar un pouco a complicidade que ten implícita certa comunicación.
Así que por min adiante tamén coas suxestións de Pablo.

No dos .po igual no historial, pero case prefiro non figurar.
Penso que como se cita na guía de localización de mancomún, ao igual que os “Por favor” este é un elemento superfluo e podemos eliminalo.
Eu preferiría, se non hai obxeccións, non figurar nese ficheiro.
Sobre a codificación de caracteres, igual tamén podes abrir co gedit e á hora de gardar, cambiar a utf-8.
Se queredes podo activar un espazo para instalar un wp de comprobación de traducións nun hosting meu. Sen problemas!
En canto ao do glotpress para .org e .com poderíamos pedirlle a Zé permisos para ti ludusnaturae, non? A min pareceme perfecto que haxa 3 ou 4 persoas pendentes disto.
“aparte” parece bastante coherente o meu voto para esta opción.
“anotación” tamén me parece acaída e o culpable de asociala a post penso que fun eu (síntoo), mais non creo que agora haxa moita vinculación e igual concorda mellor.
Eu mantería os masculinos Identificador/Localizador…
+1
Boa idea ludusnaturae!

+1